Aixa Xiu Lastra Fernández
Deseño de Interiores
As IX Xornadas de Arte e Deseño Bisiona pon en valor a idea de pertenza mediante unha identidade que mostre a diversidade da Escola. As xornadas permiten xuntar forzas entre diferentes estudos, encargándose o alumnado de Deseño de Interiores do deseño do espazo do Photocall e dun espazo de visibilidade que permita a exposición dos traballos do alumnado.
A proposta funciona como un gran mural divisorio que separa en dous o edificio. O obxectivo é que se cree unha cortina con diferentes cortes e ocos que realce a gran altura que ten a arquitectura da Escola.
A intervención considérase a gran escala participando na mesma as tres plantas do edificio. Ademais, as propias cintas que xeran o plano permiten funcionar como soporte expositivo e como photocall na planta baixa.
O plano que atravesa a Escola estará elaborado con tiras de 10 cm de ancho pegadas con cinta adhesiva na parte superior e inferior. O plano non será continuo, haberá zonas de paso na secretaría, cafetería, ascensor e nos pasos da escaleira. Na primeira planta situaranse os paneis fixados con grampas ás cintas e colocados a ambas caras das mesmas. O photocall estará situado contra a parte posterior do Salón de Actos para aproveitar a luz natural procedente do Paseo Marítimo.
A proposta inicialmente contemplaba as cintas en cor azul, aínda que finalmente formalizáronse en cor rosa. Neste sentido realizouse este cambio coa idea de darlle unha voz máis informal ao proxecto en relación coa identidade elaborada polo alumando de Deseño Gráfico.
Coordinación: Iria Rivas e Jose Carlos Barreiro .
Colaboran na fabricación e montaxe do Photocall espazo de visibilidade (Proxectos de Deseño de Interiores II): María Alonso Castro, María Paula Arzuaga Betancourt, Ánxela Barreiro Rey _Martín Búa Rodríguez, Paula Camiña Filgueira, Lydia Isabel Catoira Cantón, Brigitte Allison Céspedes Berrocal, Paula Cobas Lorenzo, Pania Edrisi, Icía Fernández Fernández, Alba Gómez Davila, Sara Mauriz Sande, Andrea Durán Fontenla, Silvia Jin Gavilanes Bermúdez, Aixa Xiu Lastra Fernández, María Julia Llera Fernández, Valeria Andrea López Valerio, Nayara Pumares Souto, Michelle Rodríguez Pita, Claudia Romeral Sánchez, Zaira Sánchez Feijoo, Andrea Sánchez Revé, Anxos Santos González, Carmela Suárez Osoro e Laura Viéitez Conde.
Deseño da identidade visual: alumnado de 4º de Deseño Gráfico (Proxecto Interdisciplinar) coordinado por Gloria R. Simón. O alumado de Deseño Gráfico encargouse da aplicación gráfica da identidade visual no photocall e colabora na produción.
Pódese ver no seguinte enlace: https://eapicasso.com/portfolio/lara-rodriguez-guerreiro/



