Brais Morás López
Deseño de Interiores
As VIII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona celebran o 175 aniversario da EASD Pablo Picasso. Nesta ocasión o evento pon en valor a evolución e transformación dunha comunidade que se adapta e evoluciona no paso do tempo. As Xornadas permiten xuntar forzas entre diferentes estudos, encargándose o alumando de Deseño de Interiores da construción do photocall e mobiliario expositivo . O alumnado de Deseño gráfico encargarase do deseño da identidade visual do evento.
A proposta toma como referencia a arquitectura paramétrica, esta busca a creación de formas innovadoras baseándose nas matemáticas e no arte, ambas disciplinas indispensables na Escola.
O elemento principal sitúase entre as dúas fachadas da Escola. A forma escollida para el é a curva cíclica, forma xeométrica que pode representar a evolución, concepto que tamén ten relación coa Escola.
O deseño permite dar visibilidade dende a entrada da rúa Pelamios, atraendo a atención do público. Ademais, debido a súa caída e baixada final ata o chan, permite crear un espazo ideal para o aloxamento do photocall. Ademais, o mobiliario seguirá este ritmo buscando unha continuidade e situarase na planta baixa da Escola, chegando ao Salón de Actos.
Coordinación: Iria Rivas e Jose Carlos Barreiro
Colaboran na fabricación e montaxe do Photocall espazo de visibilidade (Proxectos de Deseño de Interiores II): Paula Álvarez Álvarez, Lucía Aneiros Díez, Rubén Bernárdez Vázquez, Aarón Cabarcos Rubal, Katia Cruz García, Sara Milagros Delgado Sultán, Nuria Esteban Rodríguez, Elena Ferreiro Varela, Lucía Ferro Martínez, Andrea Formoso Carreira, Lucía González Barros, Paula Iglesias Calabria, Miguel Lestón Rodríguez, Sara López Vázquez, Brais Morás López, Andrea Jamila Ouijdani Vázquez, Michelle Rodríguez Pita, Iván Romero Miranda, Laura Rúa Suárez, Sara Rivas Couce, Sara Seoane Mato, Sheila Sobral Franco, Jennifer Suárez Fidalgo e Sofía Villanueva Prado.
Deseño da identidade visual: alumnado de 4º de Deseño Gráfico (Imaxe Global) coordinado por Gloria R. Simón. O alumado de Deseño Gráfico encargouse da aplicación gráfica da identidade visual no photocall e colaborou na produción.
Ver o traballo do mobiliario expositivo: https://eapicasso.com/portfolio/sara-seoane-mato/
Ver o traballo de identidade visual: https://eapicasso.com/portfolio/diego-fernandez-de-la-torre/






