Diego Fernández de la Torre

Deseño Gráfico

As Xornadas de Arte e Deseño son o resultado do traballo coordinado de diferentes especialidades nun proxecto conxunto de Escola. O deseño da identidade gráfica das VIII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona é un reflexo de quen avanza. Un cambio progresivo, paso a paso, onde cada liña e cada letra se expande e se fortalece. É evolución en armonía, unha verticalidade que expresa o noso impulso de alcanzar novas metas. Unha comunidade, a nosa Escola, que se transforma, sin deixar de ser ela mesma. Diego Fernández, na súa proposta, interpreta a transformación como un cambio interno. É unha evolución que respeta a identidade.

As liñas son o núcleo deste sistema visual; non so comunican a marca, senon que organizan e estructuran cada deseño. Neste caso, representan a unha comunidade en evolución, que avanza e se transforma, mantendo sempre a súa esencia. O grosor crecente destas liñas simboliza ese progreso compartido: tanto ponentes, docentes, como alumnado recorren o mesmo camiño creativo, cada un nunha etapa distinta da súa carreira. Ademáis, estas liñas son unha proxección, fálannos da idea de transformar ideas en realidades: mentras que a liña fina é unha idea, a grosa simboliza dita idea levada á realidade, ilustrando o proceso gradual de crecemento creativo.

Identidade gráfica seleccionada: Diego Fernández de la Torre

Logotipo seleccionado: Lucía Casal Belo

Coordinación: Gloria R. Simón.

Colaboran na aplicación do deseño e produción de artes finais (impresión, dixital, escenografía, photocall e merchandising) así como en comunicación para RRSS, alumnado Deseño Gráfico, 4º curso (Imaxe Global): Julia Aldecoa Raya, Ruth Armendáriz Ouviña, David Béjar Lemos, Álvaro Bellón García, Lucia Casal Belo, Sara Costas Ruibal, Javier Doce Sanín, Diego Fernández de la Torre, Quimey Janis Flores Loschiavo, Nicolás García Flores, Nuria González García, Clara Isabel Graña Castro, Iago Iglesias Cambón, Egoitz San Segundo Lucas, Valeria Sánchez García, Blanca Tojo Garrote, Mar Villanueva Martínez

Deseño do photocall e espazo de visibilidade que permitiu a exposición dos traballos do alumnado: alumnado Deseño de Interiores, 3º curso, dende a disciplina de Proyectos de Deseño de Interiores II, coordinados por Iria Rivas e Jose Carlos Barreiro.

Ver o traballo do mobiliario expositivo: https://eapicasso.com/portfolio/sara-seoane-mato/

Ver o traballo do photocall: https://eapicasso.com/portfolio/brais-moras-lopez/

bisiona_camiseta
bisiona_tote_bag
bisiona_folleto
bisiona_programacion
Pablo Picasso Escola de Arte e Deseño Superior de A Coruña
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.