Desfile “De Los Aires”

Fotografía de moda

O 28 de marzo, a Escola acolleu a presentación de “kiori” a nova colección de moda da firma coruñesa “De los aires”. Os seus deseñadores, Juan Morandeira e Jano Camacho, convertiron as nosas instalacións nunha pasarela na que o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Fotografía puido poñer en práctica a fotografía de moda. Deste xeito, tiveron ocasión de captar os momentos máis destacados da mostra da nova colección e tamén de fotografialas no plató e no photocall.

Baixo a supervisión de Virginia Barros, docente do módulo de Proxectos de Fotografía, amosamos aquí unha mostra das imaxes captadas por: Adriana Bellunghi, Aitana Álvarez, Ayleen Rodríguez, Begoña Prado, Carla Gil, Claudia Pérez, Dani Patiño, Irene Fernández, Lucía García, Mateo Sabio, Nerea Pampín, Nicole Indhilet, Noelia Seoane, Olalla Peña, Paloma Ríos, Paula López, Ruth Vázquez e Sofiia Bohdana.

Foto portada: Dani Patiño

Ver: Vídeo Desfile “De los aires”

Prensa: El EspañolEl Ideal GallegoLa Opinión

Pablo Picasso Escola de Arte e Deseño Superior de A Coruña
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.