Lara Rodríguez Guerreiro

Deseño Gráfico

As Xornadas de Arte e Deseño son o resultado do traballo coordinado de diferentes especialidades nun proxecto conxunto de Escola. No deseño da identidade gráfica das IX Xornadas de Arte e Deseño Bisiona marcouse como obxetivo de comunicación, convencer ao alumnado da Escola de asistir ás Xornadas, fomentando o sentimento de pertenza mediante unha identidade que reflicta a diversidade da Escola. Para o que se emprega un ton de voz claro, divertido e actual.

A resolución da identidade constrúese con recursos como a contraposición entre orde tipográfica e desorde de elementos gráficos, a intervención da imaxe fotográfica con formas orgánicas debuxadas, formas que imiten trazos simples ou cores vibrantes que destacan sobre fondos neutros. En resumo, un “desorde controlado” que o que quere representar é a intervención do alumnado na Escola, así como o proceso creativo na arte e o deseño.

Coordinación: Gloria R. Simón.

Colaboran na aplicación do deseño e produción de artes finais (impresión, dixital, escenografía, photocall e merchandising) así como en comunicación para RRSS, alumnado Deseño Gráfico, 4º curso (Proxecto Interdisciplinar): Javier Álvarez Rey, Alba Antón González, Nerea Barrientos Moreira, Manuel Bello Herranz, Inés Costado Afonso, Adrián Docampo Marzoa, Alba Fernández Gutierrez, Ángel Eduardo González Varela, Juan David Guevara López, Raúl José Saez, Alba Michele Julías Cayado, Noam López Amado, Candela Ordóñez Cruz, Aldara Pita Pico, Emily Prieto Vilariño, Lara Rodríguez Guerreiro, Sandra Rozadas Sola, Sheila Saavedra Otero, Marina San Miguel Teijo, Eduardo Soto Regueiro, Olga Strarikov Ponomareva, Sara Tellado Castellano, Cristina Varela García, Juan Luis Vázquez Quintás, Noa Vidal Sieira e Alba Villaverde Rocha

Deseño do espazo do Photocall e do espazo de visibilidade que permitiu a exposición dos traballos do alumnado: alumnado Deseño de Interiores, 3º curso, dende a disciplina de Proyectos de Deseño de Interiores II, coordinados por Iria Rivas e Jose Carlos Barreiro. Pódese ver no seguinte enlace: https://eapicasso.com/portfolio/aixa-xiu-lastra-fernandez/

mockup-carteles-01
mockup-lanyards-01
img-totes
mockup-pantalla-02
mockup-carteles-04
mockup-pantalla-01
Pablo Picasso Escola de Arte e Deseño Superior de A Coruña
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.