Mariana Ramírez Ureña
Imaxe Global
Bisiona
As Xornadas de Arte e Deseño son o resultado da unión de diferentes pezas/pensamentos aportadas a unha finalidade común. O deseño do material gráfico para as VII Xornadas de Arte e Deseño está baseado no concepto estratéxico da construción como fonte de inspiración.
A construción adquire forma a medida que cada individuo aporta pezas únicas, asumindo de maneira simultánea o papel dual de contribuínte e compoñente do resultado. Neste contexto, cada persoa no só aporta, senón que tamén forma parte intrínseca do resultado final.
A clave principal do sistema é o cadrado, a unidade básica dunha retícula e o elemento mínimo dentro dunha construción. A partir deste módulo se desenrola todo o sistema. Dende a unidade básica, se elabora un identificador variable onde cada letra corresponde a un módulo. Este identificador consta de 8 pezas, sendo unha de elas unha forma sinxela que representa a construción. Esta peza será substituida polo símbolo da disciplina correspondente, dando así unha identidade única a cada área de enfoque.
Deseño da identidade gráfica: Mariana Carolina Ramírez Ureña.
Coordinación: Gloria R. Simón. Colaboran na aplicación do deseño e produción de artes finais (impresión, dixital, escenografía, photocall e merchandising) así como en comunicación para RRSS, alumnado Deseño Gráfico, 4º curso (Imaxe Global): Elba Alján, Iago Anido, Daniel Antelo, Emilio Campos, Sabela Costoya, Laura Goiriz, María T. González, Luis Mosquera, María Novo, Enrique No, Paula Grangel e Andrea Ríos.
Deseño do photocall: alumnado Deseño de Interiores, 3º curso (Instalacións II e Construción II), coordinados por Iria Rivas e Jose Carlos Barreiro. Alumnado de Imaxe Global encárgase da aplicación gráfica da identidade visual no photocall e colabora na produción.