Paula Sánchez López

Deseño de Interiores

As VII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona permiten xuntar forzas entre diferentes estudos, encargándose o alumnado de Deseño de Interiores do deseño do espazo do Photocall e dun espazo de visibilidade.

Este proxecto consiste na creación dun elemento que permite relacionar os espazos principais da Escola. O elemento atravesa todo o edificio dende a entrada da rúa Pelamios ata a entrada do Paseo Marítimo, cruzando polo vestíbulo da Escola e funcionando na parte baixa (fronte ao salón de actos) como photocall.

O elemento componse de cinco bandas fabricadas con tecido e vinilo. O uso dos diferentes materias fomentan a continuidade da peza a través do espazo adaptándose a particularidade de cada soporte. Ademais, os materiais empregados permiten realizar a aplicación da imaxe gráfica das xornadas.

Deseño do Photocall: Paula Sánchez López

Coordinación: Iria Rivas e Jose Carlos Barreiro.

Colaboran no montaxe do photocall o alumnado de 3º de Deseño de Interiores (Construción II e Instalacións II): Aarón Cabarcos Rubal, Gabriel Estévez Álvarez, Alejandra Fente Sánchez, Laura Fernández Malvárez, Helena Fernández Morado, Andrea Formoso Carreira, María Grandal Bergondo, Laura Marta Blanco, Andrea Molinos Romero, Rebeca Muíño Vázquez, Andrea Ouro Guerra, Alba Pazos Aldrey, Omar Perona Alcolea, María Puga Sampedro, Adriana Ríos González, Paula Sánchez López, Claudia Tizón Losada.

Deseño da identidade visual: alumnado de 4º de Deseño Gráfico (Imaxe Global) coordinado por Gloria R. Simón. O alumado de Deseño Gráfico encargouse da aplicación gráfica da identidade visual no photocall e colabora na produción. Pódese ver no seguinte enlace: https://eapicasso.com/portfolio/mariana-ramirez-urena/

Bisiona estructura 01
Bisiona estructura 03
Bisiona estructura 02
Bisiona estructura 04
Pablo Picasso Escola de Arte e Deseño Superior de A Coruña
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.