Sara Seoane Mato

Deseño de Interiores

As VIII Xornadas de Arte e Deseño Bisiona celebran o 175 aniversario da EASD Pablo Picasso. Nesta ocasión o evento pon en valor a evolución e transformación dunha comunidade que se adapta e evoluciona no paso do tempo. O evento permite xuntar forzas entre diferentes estudos, encargándose o alumando de Deseño de Interiores da construción do photocall e mobiliario e o alumnado de Deseño gráfico da creación da identidade visual.

O proxecto lévase a cabo co fin de desenvolver tres elementos que formarán parte das xornadas Bisiona organizadas na Escola. Búscase a realización dun elemento que funcione como photocall, como stand de merchandising, así como de mobiliario. Neste caso o deseño permitiu construír una estrutura expositiva para as propostas realizadas polo alumnado de Deseño gráfico e Deseño de interiores para as xornadas. Ademais, a versatilidade da peza permitiu empregala para a mostra de traballos no Innovart´25.

Partimos da idea de que as xornadas como concepto buscan a mestura de varias disciplinas, como as que se poden cursar na escola, e a posta en valor do concepto de multidisciplinaridade. Sendo parte do nome das xornadas o prefixo “bi-”, que ten como significado a unión de varios conceptos, foméntase a idea de unir as distintas disciplinas artísticas da escola.

Polo tanto este concepto trátase de levar ao deseño entendendo o elemento como unha peza versátil e con posibilidade de repetición, sendo un sistema xerado mediante o uso dun mesmo obxecto que permita a unión entre todas as disciplinas. Por elo, crease un sistema modular a partir de dúas pezas básicas que repítense para formar os distintos elementos.

Coordinación:  Iria Rivas e Jose Carlos Barreiro

Colaboran na fabricación e montaxe do Photocall espazo de visibilidade (Proxectos de Deseño de Interiores II): Paula Álvarez Álvarez, Lucía Aneiros Díez, Rubén Bernárdez Vázquez, Aarón Cabarcos Rubal, Katia Cruz García, Sara Milagros Delgado Sultán, Nuria Esteban Rodríguez, Elena Ferreiro Varela, Lucía Ferro Martínez, Andrea Formoso Carreira, Lucía González Barros, Paula Iglesias Calabria, Miguel Lestón Rodríguez, Sara López Vázquez, Brais Morás López, Andrea Jamila Ouijdani Vázquez, Michelle Rodríguez Pita, Iván Romero Miranda, Laura Rúa Suárez, Sara Rivas Couce, Sara Seoane Mato, Sheila Sobral Franco, Jennifer Suárez Fidalgo e Sofía Villanueva Prado.

Deseño da identidade visual: alumnado de 4º de Deseño Gráfico (Imaxe Global) coordinado por Gloria R. Simón. O alumado de Deseño Gráfico colaborou na instalación da exposición.

Ver o traballo de Identidade visual: https://eapicasso.com/portfolio/diego-fernandez-de-la-torre/

Ver o traballo do photocall: https://eapicasso.com/portfolio/brais-moras-lopez/

Ficticio_estructura
Presentación1
Presentación1
Presentación1
Pablo Picasso Escola de Arte e Deseño Superior de A Coruña
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.