Valentina Sánchez Fernández

Deseño de Interiores

No espazo proposto como academia/cafetería de inglés, hai unha franxa lonxitudinal que non só divide o espazo na súa totalidade senón que alberga todos os servizos: bar, recepción, almacén e aseos. Deste xeito, queda un espazo aberto, apto para levar a cabo a actividade principal da nosa proposta. Esta banda esténdese ata a fachada, materializándose de xeito que a articulación do espazo interior se aprecia facilmente dende o exterior.
Podemos clasificar os espazos que resultan do desenvolvemento desta banda como “privados” (zona de aula); e un “público” onde o espazo está aberto para recibir clientes que non estean matriculados.
A banda transversal funciona como subdivisor dos espazos xa xerados, permitindo que o espazo sexa máis versátil. Divide o espazo “privado” en dúas áreas de aula, unha das cales pode ser privatizada. Á súa vez, divide o espazo “público” nunha zona de primeira recepción ou “para levar”, e unha zona de barra alta.

valentina_sanchez_2
valentina_sanchez_3
valentina_sanchez_5
valentina_sanchez_6
valentina_sanchez_8
valentina_sanchez_4