APERTURA DUN PRAZO EXTRAORDINARIO PARA A INSCRICIÓN NA OFERTA MODULAR DE TALLA EN MADEIRA PARA O CURSO 2022-23
AS PERSOAS INTERESADAS DEBERÁN CUMPRIMENTAR O FORMULARIO DE INSCRICIÓN NA SECRETARÍA DA ESCOLA OS DÍAS DE 12 A 15 DE SETEMBRO, AMBOS INCLUÍDOS, EN HORARIO DE 9:00 A 14:00
Trátase dun módulo que se imparte ao longo dun curso, cunha duración de 36 semanas.
Martes e mércores de 18:00 a 20:00
O tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.
Cales son os obxectivos?
Este módulo está dirixido á realización de obras escultóricas en madeira, ornamentais e/ou decorativas, así como a coñecer as características orgánicas das distintas madeiras e á aplicación de texturas e acabados superficiais. Os seus obxectivos son, entre outros:
- Identificar as diferentes técnicas de realización en madeira, así como os materiais, ferramentas e útiles correspondentes aos distintos momentos do proceso.
- Coñecer e realizar con calidade técnica e estética os procesos de realización da obra escultórica e madeira.
- Organizar as distintas fases do proceso produtivo, identificando os problemas que xorden e solucionalos en función da necesaria calidade do produto.
Cales son os criterios de acceso e admisión?
Para acceder a estes estudios nesta convocatoria é preciso estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Calquera título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Escultura, ou título declarado equivalente.
- Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
- Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
- Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
- Licenciatura en Belas Artes.
- Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.
No caso de que non se cubrisen as prazas ofertadas, é posible acceder ao Taller de madeira como Estudos Monográficos sen cumplir o requisito de titulación.