O equipo de Dinamización da Lingua Galega acordou concederlles os premios en galego dos Traballos Fin de Estudos e dos Proxectos/Obras Finais do curso académico 2019-2020 ás seguintes alumnas:
- ANA BOQUETE LÓPEZ, PREMIO TRABALLO FIN DE ESTUDOS NA MODALIDADE DE DESEÑO GRÁFICO
- MARÍA LABANDEIRA GARCÍA E CARLA LÓPEZ AGUIÓN, PREMIO TRABALLO FIN DE ESTUDOS NA MODALIDADE DE DESEÑO DE INTERIORES
O premio conta cunha dotación económica de 100 euros que as estudantes galardoadas deberán gastar en libros naquelas librarías que teñan conta coa EASD Pablo Picasso.
Así mesmo, Ana, María e Carla, as tres estudantes premiadas, recibirán un diploma que acredita o traballo realizado na difusión da lingua galega. O acto oficial de entrega dos premios celebrarase o xoves 10 de decembro ás 20.15 da tarde no Salón de Actos da Escola. Debido á situación xerada pola Covid-19, o aforo irá en consonancia coas esixencias dos protocolos estabelecidos pola Consellería de Educación.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, felicitamos a Ana, María e Carla, non só polo premio recibido, senón tamén polo traballo e esforzo realizado a prol da valorización e normalización do galego no ámbito académico.
Parabéns, Ana, María e Carla!!!!