Instruccións sobre as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Formativos de Grao Superior e Oferta Modular

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais. Para o vindeiro curso 2021/22 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

      • Familia artística cerámica artística:
        • Oferta modular Taller cerámico I e II: Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.
      • Familia artística comunicación gráfica e audiovisual:
        • Ciclo Superior de Fotografía: Total 30 plazas: 15 prazas con proba de acceso (das cales 2 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 15 prazas de acceso directo.
        • Ciclo Superior de Ilustración: Total 30 plazas: 15 prazas con proba de acceso (das cales 2 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 15 prazas de acceso directo.
      • Familia artística de escultura:
        • Ciclo Superior de Dourado, prateado e policromía:  Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.
        • Ciclo Superior de Escultura aplicada ao espectáculo: Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.
        • Oferta modular Taller de madeira: Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.

As datas máis destacadas son:

    • Período de inscrición para as probas e para os accesos directos: Do 20 de maio ao 23 de xuño de 2021. A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría da Escola pública elixida en primeiro lugar na que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telemáticamente mediante o enlace habilitado no Codex.pro
    • Listaxe provisional de inscritos: 25 de xuño de 2021.
    • Reclamacións á listaxe provisional: 28 e 29 de xuño de 2021.
    • Listaxe definitiva de inscritos: 30 de xuño de 2021.
    • Datas e horario da proba Substitutiva de bacharelato:
    • Datas e horario da proba específica:
    • Data matrícula novo ingreso: 
      • Ciclos Superiores: do 19 ao 22 de xullo de 2021.
    • Data extraordinaria matrícula novo ingreso (para alumnado que cumpra os requisitos en setembro): 
      • Ciclos Superiores: do 16 ao 17 de setembro de 2021.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguiste enlace: Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2021/2022

Para aquelas persoas interesadas en cursar un ciclo superior no próximo curso 2021/22 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAAPP, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias anteriores. Tamén podedes consultar os plans de estudos dos Ciclos de Grao Superior de  Fotografía, Ilustración, Escultura e Dourado e das Ofertas modulares de Taller Cerámica I e II e Taller de Madeira.

Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

Lembramos que para facer trámites na Secretaría da Escola é preciso solicitar cita previa.

Enlaces de interese: