Instruccións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS): Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.
A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores. Para o vindeiro curso 2019/20 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:
- Deseño Grafico: 16 prazas para acceso con proba e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)
- Deseño de Interiores: 16 prazas para acceso con proba e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)
As datas máis destacadas son:
-
- Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
- Proba de madureza: ata o venres 7 de xuño de 2019.
- Proba específica: ata o venres 7 de xuño de 2019.
- Acceso directo: ata o venres 7 de xuño de 2019.
- Datas e horario das probas de acceso:
- Proba de madureza: luns 17 de xuño de 2019 no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.
- Proba específica: mércores 3 de xullo de 2019 na EASD Pablo Picasso (A Coruña) de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.
- Prazo de reclamación ás cualificacións provisionais da proba específica: 9 e 10 de xullo 2019.
- Datas matrícula novo ingreso:
- Primerio prazo: do 19 ao 24 de xullo de 2019.
- Segundo prazo: do 2 ao 4 de setembro de 2019.
- Terceiro prazo: do 16 ao 18 de setembro de 2019.
- Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguiste enlace: RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2019/20.
Para aqueles interesados en cursar as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño no próximo curso 2019/20 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAASS, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias de acceso de anos anteriores, así como tamén os plans de Estudos de Deseño Gráfico e de Deseño de Interiores.
Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).
Enlaces de interese:
- Descargar: Resolución de Acceso Deseño [formato PDF – 550kb]
- Web Ensinanzas Artísticas: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/2535
- Inscrición telemática: https://www.edu.xunta.es/reximeespecial/
- Dar de alta a Chave365: https://www.xunta.gal/chave365/que-e
- Sede Chave365: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365
- Descargar: Modelo de solicitude de inscrición (Acceso Directo) [formato pdf 147kb]
- Descargar: Modelo de solicitude de inscrición (Proba de Acceso) [formato pdf 148kb]
- Consultar: Relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluidas. Prazo de reclamacións dende o día 12 de xuño de 2019 ata o día 13 de xuño de 2019, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizou a inscrición (ou a través do correo electrónico sxapere@edu.xunta.gal)
- Consultar: Relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.
- Consultar: Relación definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas artísticas superiores para o curso 2019-2020.
- Consultar: Cualificacións provisionais das probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores curso 2019-20.
- Consultar: Cualificacións definitivas das probas substitutivas de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores curso 2019-20.
- Consultar: Cualificacións provisionais da proba específica para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores curso 2019-20.
- Consultar: Cualificacións definitivas da proba específica para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores curso 2019-20.
- Consultar: Relación de persoas admitidas para cursar os estudos superiores de deseño nas EASD para o curso 2019/2020 (Por EASD, especialidade e quenda de acceso)
- Consultar: Segunda Admisión de persoas admitidas para cursar as ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2019/20 (Por EASD, especialidade e quenda de acceso)