Instruccións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS): Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño. Para o vindeiro curso 2021/22 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

  • Deseño Grafico: 16 prazas para acceso con proba (das cales 2, reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)
  • Deseño de Interiores: 16 prazas para acceso con proba (das cales 2, reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 4 prazas para acceso directo (total: 20 prazas)

As datas máis destacadas son:

    • Período de inscrición para as probas e para os accesos directos: do 19 de maio ao 17 de xuño do 2021.
    • Publicación da listaxe provisional de inscritos nas probas: 21 de xuño do 2021.
    • Reclamacións á listaxe provisional de inscritos: 22 e 23 de xuño do 2021.
    • Publicación da listaxe definitiva de inscritos: 25 de xuño do 2021.
    • Datas e horario da proba substitutiva de Bacharelato:
      • Realización: luns 28 de xuño de 2021 no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.
      • Publicación das cualificacións provisionais: 30 de xuño de 2021.
      • Prazo de reclamación: 1 e 2 de xullo de 2021.
      • Publicación das cualificacións definitivas: 5 de xullo de 2021.
    • Datas e horario da proba Específica:
    • Datas matrícula novo ingreso: 
      • Primeiro prazo: do 19 ao 26 de xullo de 2021.
      • Nova adxudicación de prazas: 29 xullo de 2021.
      • Segundo prazo: 2 e 3 de setembro de 2021.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguinte enlace: Instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2021/2022

Para aqueles aspirantes interesados en cursar as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño no próximo curso 2021/22 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAASS, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias de acceso de anos anteriores, así como tamén os plans de Estudos de Deseño Gráfico e de Deseño de Interiores.

Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).

Lembramos que para facer trámites na Secretaría da Escola é preciso solicitar cita previa

Enlaces de interese: