Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS): Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.
A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores. As datas máis destacadas son:
-
- Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
- Proba de madureza: ata o 7 de xuño de 2018.
- Proba específica: ata o 25 de xuño de 2018.
- Acceso directo: ata o 25 de xuño de 2018.
- Datas e horario das probas de acceso:
- Proba de madureza: 15 de xuño de 2018 no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela) de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.
- Proba específica: 3 de xullo de 2018 na EASD Pablo Picasso (A Coruña) de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.
- Datas matrícula novo ingreso:
- Enseñanzas Superiores de Deseño: do 19 ao 24 de xullo de 2018.
- Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguiste enlace: Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2018/19.
Para aqueles interesados en cursar as Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño no próximo curso 2018/19 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAASS, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias de acceso de anos anteriores, así como tamén os plans de Estudos de Deseño Gráfico e de Deseño de Interiores.
Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).
Enlaces de interese:
- Descargar Modelo de solicitude de admisión ás EEAASS de Deseño curso 2018/19
- Descargar Modelo de solicitude de admisión ás EEAASS de Deseño curso 2018/19 (Proba de madureza)
- Consultar Listaxe provisional de persoas admitidas para o acceso que non cumpren o requisito de titulación (Proba de madureza)
- Consultar Listaxe definitiva de persoas admitidas para o acceso que non cumpren o requisito de titulación (Proba de madureza)
- Descargar Listaxe provisional de acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2018/19
- Descargar Listaxe definitiva de acceso e admisión ás Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2018/19
- Descargar Listaxe provisional cualificacións proba específica Ensinanzas Superiores de Deseño para o curso 2018/19
- Publicación na web da Consellería da adxudicación provisional de prazas para as Ensinanzas Superiores de Deseño
- Publicación na web da Consellería da adxudicación definitiva de prazas para as Ensinanzas Superiores de Deseño