A Concellería de Medio Ambiente de A Coruña puxo en marcha, entre outras iniciativas, a Oficina Virtual do Grafitti (OVG) e quere retomar o programa “Coida a túa cidade”.
Por elo, o mércores 22 de marzo, ás 12:00h no Salón de Actos, haberá unhas charla na que se fomente o respecto polo noso entorno, desde unha perspectiva de uso respectuoso dos espazos públicos (en canto á limpeza viaria e emprego do mobiliario urbano), facendo especial fincapé na cuestión das pintadas ilegais e nas alternativas para conseguir converter a nosa cidade nun espazo de arte urbano ao aire libre.
Foto de Red Mirror en Unsplash