Presentación do Programa MA\CO

O luns, 11 de setembro, ás 13:30h no Salón Actos, faremos unha presentación para informar ao alumnado interesado sobre o Programa MA\CO Picasso, de Málaga a Coruña.

O Concello da Coruña, coa colaboración da EASD Pablo Picasso e a EASD San Telmo, promove o Programa MA\CO para difundir e exaltar a relevancia da cidade galega na biografía de Picasso. É na urbe herculina onde inicia os seus estudos académicos e onde realiza as súas primeiras exposicións, recibidas con grandes eloxios por uns críticos que lle prognostican “días de gloria e un porvir brillante”. Algunhas das súas primeiras obras mestras, como O home da gorra ou A rapariga dos pés descalzos, realízaas nas aulas da antiga Escola de Belas Artes, da que a EASD Pablo Picasso é herdeira e que naquel entón compartía edificio co Instituto de Segundo Ensino (actual IES Eusebio da Guarda).

Este programa educativo nace coa vocación de irmandar ás Escolas de Arte e Superiores de Deseño situadas en A Coruña e Málaga, cidades fundamentais na vida e obra de Pablo Picasso. Natural de Málaga, comezou a pintar baixo a tutela do seu pai, profesor na Academia de Belas Artes de San Telmo. Cando o neno estaba a piques de cumprir dez anos, a familia trasladouse á cidade da Coruña, onde Picasso iniciou a súa formación artística na Escola Provincial de Belas Artes de Coruña, da que a EASD Pablo Picasso é herdeira. Estudou neste centro de ensino durante tres cursos (1892-1893, 1893-1894 e 1894-1895) e recibiu ensinos do seu pai e de profesores galegos como Isidoro Brocos ou Román Navarro. Obtivo cualificacións extraordinarias e converteuse, a pesar da súa curta idade, nun dos alumnos máis destacados da escola. Cando contaba con 13 anos, o seu pai trasladouse a Barcelona e con el marchouse o resto da familia.

Xustificación do Programa MA\CO

Con motivo da conmemoración do 50 aniversario do seu falecemento, o Concello da Coruña, coa colaboración da EASD Pablo Picasso e a EASD San Telmo, programou unha serie de actividades formativas e visitas turísticas que se desenvolverán en ambas as cidades e que terá como protagonistas ao alumnado de ambos os centros a través dun programa de intercambio .

Deste xeito, en cada unha das sedes organizaranse talleres de creación artística, co obxectivo de mostrar en senllas exposicións os traballos realizados por parte de l alumnado. Ademais, levarán a cabo diversas charlas sobre a figura de Picasso, tanto sobre a súa faceta como estudante como da súa traxectoria artística, e, por último, os participantes terá a oportunidade de percorrer os lugares picassianos máis emblemáticos a través dun a ruta guiada por un especialista.

Formulación dos talleres e resultados previstos do programa

Os talleres levados a cabo polo alumnado de ambas as escolas virarán ao redor da obra de Pablo Picasso.

Na sede de Málaga, o traballo tratará sobre a reinterpretación dunha obra do artista homenaxeado, na que o alumnado poderá plasmar unha nova visión da mesma co obxectivo de reproducila nos talleres de serigrafía da EASD San Telmo.

Solicitude de participación

Hai 16 prazas destinadas ao alumnado. Para solicitar a participación no Programa MA\CO débese presentar unha proposta de actividade relacionada coa temática establecida nos talleres previstos. Para coñecer toda a información sobre a participación podes descargar a información completa na seguinte ligazón:

Descargar bases da convocatoria Concello de A Coruña

Descargar: Modelo de solicitude para entregar no rexistro

Importante: o rexistro deberá facerse de maneira presencial. Hai oficinas de rexistro no Concello (Praza María Pita), no Fórum Metropolitano e no Ágora. Lembrade enviar a proposta por mail a: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es.

Solicitude de cita previa para o rexistro: https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3

Máis info: https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/programa-maco-malaga-coruna/contenido/1453848025512

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/o-concello-impulsa-a-formacion-artistica-en-malaga-de-estudantes-coruneses-dentro-das-actividades/suceso/1453846826155