CICLOS LOE
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA CURSO ACADÉMICO 2018-19
NORMAS A APLICAR NO DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO INTEGRADO DOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR LOE:
0.- ÁMBITO DE APLICACIÓN
0-1 Estas normas afectan aos ciclos LOE que se relacionan a continuación: CS Fotografía e CS Ilustración.
1.- INSCRICIÓN
1.1 Soamente poderán presentarse a esta convocatoria os alumnos que se presentaran á de xuño e non a superaran.
1.2 O alumnado do CF correspondente deberá formalizar a inscrición no PI no impreso que se lles facilitará na secretaría da Escola.
1.3 A xestión anterior faraa o alumnado de xeito persoal na oficina da Escola, de 10 a 13 horas entre os días 15 e 19 de outubro de 2018.
2.- INFORMACIÓN SOBRE OS TITORES
2-1 O alumnado continuará co mesmo proxecto e titor adxudicado na convocatoria ordinaria. Caso de non poder continuar cunha titoría ou proxecto por calquera motivo, a xefatura de departamento adxudicará un novo titor ao alumno e admitirá un novo anteproxecto.
2.2 O alumnado presentará ante a Xefatura de Departamento a súa proposta de PI, se fose o caso, entre os días 15 e 19 de outubro de 2018.
2.3 Cada coordinador das Xuntas de titores convocará unha reunión conxunta de alumnos e titores, no decurso da que se adxudicarán
titores, se explicará o PI a desenvolver, con entrega da correspondente documentación, explicaranse a proposta/as da Xunta de titores, aceptaranse ou non as propostas alternativas dos alumnos, se fose o caso, e resolveranse cantas dúbidas se susciten. A devandita reunión, que deberá ser fixada polo coordinador da Xunta de titores, deberá celebrarse antes do día 23 de outubro de
2018. Esta data deberá ser comunicada os alumnos e os restantes membros da Xunta de titores, con polo menos dous días lectivos
de antelación e deberá ser exposta no taboleiro de anuncios.
3.- ESTRUTURA DO PI
3-1 A Xunta de titores do PI de cada CF determinarán e comunicarán ao alumnado as características comúns do PI que realice o
alumnado, a documentación mínima que deberá presentar o alumnado, o calendario de actuacións e os horarios individualizados
de titorías, así como as datas e procedemento de entrega dos traballos, os criterios de avaliación e a data de cualificación.
3-2 Na estrutura e avaliación do PI teranse en conta os criterios establecidos nos Decretos 92/2015 e 95/2015, do 11 de xuño,
respectivamente para os CS de Fotografía e de Ilustración.
4.- ACTUACIÓNS DA XUNTA DE TITORES
4-1 O alumnado farán entrega do seu PI, do xeito, forma e nas datas que a Xunta de titores determine comunicándoo esta, no taboleiro de anuncios da Escola con polo menos cinco días lectivos de antelación. A data de entrega do PI será antes do 30 de novembro de 2018.
4-2 Entre a data de entrega do PI e a publicación da acta de avaliación realizarase a presentación, comunicación e defensa do PI. A data e lugar da presentación e defensa será comunicada no taboleiro da Escola logo da entrega dos proxectos.
4-3 Para a presentación, comunicación e defensa do PI cada alumno/a disporá dun máximo de 20 minutos. A Xunta de titores disporá de 10 minutos para formular preguntas ou aclaracións ao alumnado. Esta fase será obxecto de avaliación, segundo o disposto nos criterios de avaliación establecidos polos reais decretos xa citados.
4-4 Para a cualificación do módulo de PI será precisa a cualificación positiva do alumnado en todos os restantes módulos que integran o ciclo formativo correspondente. A cualificación do módulo de PI será a media aritmética das cualificacións numéricas de cada unha dos/as titores/as do dito módulo en cada ciclo formativo, con independencia do número de tutelados que lles corresponda, e expresada nunha escala de 0 a 10. A cualificación do módulo de PI formalizarase na sesión de cualificación que a estes efectos dispoña a xefatura de estudos do centro.
4-5 A custodia da documentación e traballos presentados polo alumnado para o seu PI, correspóndelle ao xefe/a de departamento da familia profesional correspondente a cada ciclo formativo, ou membro do departamento en quen delegue, mantendo dita custodia durante un ano natural ou ata a resolución definitiva de calquera reclamación en contra da cualificación recibida por parte do alumnado. Transcorridos os prazos sinalados, o departamento da familia profesional correspondente poderá decidir a entrega de documentación e/ou traballos que integren o PI de determinados alumnos/as aos seus autores/as, correspondéndolle ao xefe/a do departamento establecer os prazos e xeito de entrega dos mesmos, quedando constancia da dita entrega e as súas circunstancias.
5.- RECLAMACIÓNS.
5-1 O alumnado, os seus pais ou nais, así como os seus titores ou as súas titoras, poderán reclamar ante a dirección do centro contra as
decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.
5-2 As referidas reclamacións deberán basearse nalgún dos seguintes aspectos:
a) A avaliación que se levou a cabo como resultado do proceso de aprendizaxe do alumnado non foi adecuada aos
obxectivos, contidos, criterios de avaliación e nivel, recollidos na correspondente programación didáctica.
b) Os procedementos e os instrumentos de avaliación aplicados foron inadecuados, conforme o sinalado na programación didáctica.
c) A aplicación dos criterios de avaliación establecidos na programación didáctica para a superación dos módulos non foi correcta.
5-3 O procedemento e os prazos para a presentación e a tramitación das reclamacións serán os seguintes:
a) A reclamación presentarase por escrito ante a dirección do centro, no prazo máximo de dous días hábiles a partir daquel en que
se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.
b) O director do centro trasladará a reclamación ao departamento correspondente para que emita o oportuno informe sobre os aspectos sinalados no punto anterior, no cal deberá formularse proposta de ratificación ou rectificación na cualificación outorgada. Unha vez recibido o devandito informe, o director ou directora do centro emitirá resolución ao respecto. Este proceso estará rematado nun prazo máximo de dez días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.
c) Contra a resolución do director ou directora do centro, o solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.
6. LEXISLACIÓN BÁSICA
6-1 Para todo o non referido nestas normas respecto ao PI estarase ao disposto na Orde de 1 de decembro de 2008, que regula a
avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa os estudios de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de
Galicia, na Instrución da Dirección xeral e no real decreto do currículo do CF correspondente.