O día martes, 25 de marzo ás 11h no Salón de Actos, recibimos a Ramiro AMK Fernández nunha charla titulada: “Tesoros, trampas y cómo domar al kraken de la creatividad”.
Ramiro AMK Fernández desenvolveuse como director de arte, ilustrador, motionographer, artista visual e hai máis de 20 anos que traballa na industria publicitaria e os efectos visuais (VFX). Dirixiu proxectos a gran escala con tecnoloxías de vangarda como proxección de mapping, interacción con kinect e deseño de holoboxes, entre outras. Actualmente dirixe equipos de desenvolvemento visual para diferentes soportes audiovisuais. Neste enlace pódese ver a súa showreel: https://youtu.be/iAQR4YTB1CA
Máis info:
- http://amkdirector.com/
- https://www.linkedin.com/in/ramiro-amilcar-fernandez-a3b51046/
- https://www.artstation.com/amkdirector
- https://www.instagram.com/amkdirector/