O mércores, 2 de abril de 2025, ás 11:00h no Salón de Actos da Escola, preséntase a 6ª Residencia de artistas emerxentes – Encontros de Mariñán.

A RESIDENCIA DE ARTISTAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán) é unha actividade organizadas pola Real Academia Galega das Belas Artes para crear sinerxias entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia. Celébranse no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña do 14 ao 18 de xullo de 2025.   Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria.

Cada edición tómase como referencia a traxectoria dun artista, sendo en 2025: Isaac Díaz Pardo e Castelao. Partindo das súas obras, proponse como eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación, a temática: «Terra: materia e lugar».

A nosa Escola dispon de 4 prazas para alumnado e o prazo para solicitalas vai do 2 ao 21 de abril de 2025. Para máis información sobre o proceso de solicitude e o desenvolvemento da Residencia, descarga o modelo de solicitude de participación.

Descargar: Dossier inspiracional

Descargar Programa de actividades (Pendente de confirmación)

Descargar: Modelo solicitude de participación

Ver: Encontros Mariñán 2024

Descargar: Acta valoración de propostas