O luns, 9 de marzo de 2026, ás 11:00h no Salón de Actos da Escola, preséntase a 7ª Residencia de artistas emerxentes – Encontros de Mariñán.

A RESIDENCIA DE ARTISTAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán) é unha actividade organizadas pola Real Academia Galega das Belas Artes para crear sinerxias entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia. Celébranse no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña do 15 ao 19 de xuño de 2026.   Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria.

Cada edición tómase como referencia a traxectoria dun artista, sendo en 2026 o fotógrafo José Suárez. Partindo da súa obra, propónse como eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación, a temática: «Luz: espazo e instante».

A nosa Escola dispón de 4 prazas para alumnado e o prazo para solicitalas vai do 9 de marzo ao 10 de abril de 2026. Para máis información sobre o proceso de solicitude e o desenvolvemento da Residencia, descarga o ficheiro “Información solicitude de participación”.

Descargar: Dossier inspiracional

Descargar: Programa de actividades (pendente)

Descargar: Información solicitude de participación

Ver: Encontros Mariñán 2025

Ver: Encontros Mariñán 2024