MIRAR E ESCOITAR AO MAR: IMAXE, SON E SILENCIO

O vindeiro martes, 18 de abril, ás 12:30h no Salón de Actos da Escola, presentamos a 4ª Residencia de Creadores e creadoras emerxentes – Encontros de Mariñán.

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e os conservatorios superiores de música da Coruña e Vigo, veñen organizando desde o ano 2018 unha serie de actividades que pretenden establecer sinerxías entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia. No 2023 súmanse á iniciativa as escolas de arte de A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense mais a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Vigo.

A RESIDENCIA DE CREADORES E CREADORAS EMERXENTES (Encontros de Mariñán) é unha das mais salientables destas actividades. Consiste nunhas residencias artísticas que celébranse no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña. Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria.

Cara aos encontros do 2023, ano no que a RAGBA homenaxea a Martín Códax, trobador galego dos séculos XIII e XIV, partindo da súa obra proponse como eido de reflexión común, tránsito ou chegada dos procesos de creación, a temática:

«MIRAR E ESCOITAR AO MAR: IMAXE, SON E SILENCIO».

Descargar dossier informativo

Descargar presentación Martín Codax

Descargar solicitude de participación

Ver proposta de Videoarte: Olaya Rodríguez e Nicolás Magariños

Ver  Resumen Encontros Mariñán 2023

Ver Acto de Apertura Encontros Mariñán 2023