Comezamos as celebracións do solsticio coa creación dun deseño efémero inspirado no fenómeno natural do tránsito solar nestas datas. Neste sentido, o deseño proposto busca representar, a través de elementos visuais e espaciais, o percorrido do sol.

A actividade desenvolveuse grazas á colaboración do alumnado dos Graos de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

O obxectivo é que o alumnado, dende a súa perspectiva interdisciplinar, integren conceptos visuais e arquitectónicos para materializar unha proposta conxunta que capture a esencia do solsticio de inverno, entendido no só como un fenómeno natural, senón que tamén como un símbolo de transformación e renovación.

O proceso creativo básase en diversas influencias históricas e contemporáneas que exploran a relación entre o espazo, a luz e o paso do tempo. Entre as referencias máis significativas inclúense O Crómlech de Stonehenge situado en Inglaterra, O Óculo do Panteón de Agripa e mulleres artistas dos anos 70 como Mary Miss e Nancy Holt, as cales traballaron con instalaciones artísticas que exploran a relación entre o espazo e a luz natural. Tamén tomouse como referente a James Turrel, artista contemporáneo.