Taller “CONÉCTATE CON CABEZA”. Prevención da violencia de xénero dixital.
O martes 23 de abril de 2024 terá lugar un taller sobre violencia de xénero dixital impartido por persoal de SEDRA-Federación de Planificación Familiar. Trátase dunha organización non gubernamental que promove o dereito de todas as persoas a decidir libremente sobre a súa sexualidade e que traballa con proxectos de educación sexual integral, promoción dos dereitos e da saúde sexual e reprodutiva.
O taller desenvolverase en horario de 11 a 13h e trataranse os seguintes contidos: mapa da sexualidade, erótica e novas tecnoloxías, sexting, pornografía, cibersexo, ciber acoso, violencia dixital de xénero, aplicacións para ligar, grooming, prevención de riscos, traballo de casos.
Só hai 25 prazas, que se adxudicarán por orde de solicitude enviando o seguinte cuestionario antes do venres 19 de abril: Acceder ao formulario de solicitude de praza