ACTIVIDADES XAVIER. MOMENTOS NATURAIS

Actividades da exposición do Kiosco Alfonso “Xavier. Momentos  naturais”, do artista Xavier (03.12.2025 ao 26.02.2026)

A QUEN VAI DIRIXIDO: Para público en xeral
CANDO: Dende o 03/12/2025 ata o 26/02/2026
ENDEREZO: Quiosco Alfonso[1]. Xardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña[2]
REQUISITOS: inscrición previa

Obradoiros en familia:

O XARDÍN CIRCUNFLEXO: Paisaxes orgánicas.
Deseñaremos e construiremos un xardín orgánico, conformado por  criaturas paisaxe; híbridos vexetais, minerais e animais, que  configurarán un Todo vivo e interrelacionado. Unha paisaxe orgánica  máxica, na que os soños poderán cobrar vida. Cada familia deseñará a  súa propia paisaxe orgánica en forma de diorama, ao que lle farán  fotografías de recordo.

Destinatarios: nenas e nenos a partir dos 5 años de idade,  acompañados por unha persoa adulta.
Datas e horario: Sábados 14 e 21 de febreiro ás 12.00 h Lugar: Sala municipal de exposicións Kiosco Alfonso
Duración: 60 min.
Información e reservas: ludidactica@gmail.com

Obradoiros de gravado:

DO GRAVADO Á ESTAMPACIÓN, con Xavier e Bérengère Lipreau

Xavier traballa cos obradoiros de gravado e litografía máis  importantes de París desde sempre, facendo dos artesáns da estampación  os seus compañeiros de viaxe e, co tempo, amigos e cómplices  entrañables do seu traballo. Foi no famoso obradoiro de René Tazé onde comezou a súa colaboración con Bérengère Lipreau en 2019 e, desde  entón, non deixaron de traballar xuntos, formando un dúo no que  gravador e estampadora fusionan as súas visións da obra.

Para Xavier, facer un taller de gravado é algo excepcional, xa  que para el a arte non é unha cuestión de ensinanza. O que se pretende  lograr nesta /master class/ é revelar parte desa maxia do traballo de  gravado e todas as técnicas posibles para acadar o resultado desexado.

Presentar este taller con Bérengère Lipreau, herdeira  indiscutible do /savoir-faire/ tipicamente francés e de René Tazé
-quen lle ensinou, ao longo de anos de práctica, todas as técnicas de  estampación-, é a forma ideal de comunicar esta paixón que impulsa a  Xavier desde os seus comezos.

Programa:
Martes 24 de febreiro:
9.00 – 10.30 h: Recepción do alumnado no Kiosco Alfonso e  presentación das técnicas de gravado utilizadas por Xavier.
11.00 – 14.30 h: Taller en EASD Pablo Picasso, realización polos  alumnos dunha placa coa técnica do azucre e “morsure au lavis d’acide”
14.30 – 16.00 h: Pausa comida
16.00 – 20.00 h: Taller en EASD Pablo Picasso, impresión dos gravados

Mércores 25 de febreiro:
10.00 – 15.00 h: Taller en EASD Pablo Picasso, demostración dos  modos de impresión con diferentes técnicas.
17.00 – 20.00 h: Visita á exposición no Kiosco Alfonso e  conclusión do taller con presentación dos traballos.

Destinatarios: Público xeral e alumnado da EASD Pablo Picasso
Datas: 24 e 25 de febreiro de 2026
Lugar: Sala de exposicións Kiosco Alfonso e EASD Pablo Picasso
Número de prazas: 12 (6 prazas para o público xeral + 6 prazas  para alumnado da EASD)

Información e reservas: ate o 20 de febreiro na oficina da EASD  Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas. Deberá presentarse unha  copia do DNI e o seguinte formulario, debidamente cumplimentado: Formulario de inscrición.

Ver: Exposición “Xavier: Momentos Naturais”

Data, hora e lugar do taller de grabado impartido por Xavier Vilato

Dende o 3 de decembro de 2025 ao 26-02-2026 o Kiosko Alfonso organiza actividades co gallo da exposición “Xavier. Momentos naturais. É necesario realizar unha inscripción previa Quiosco AlfonsoXardíns de Méndez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña.

Obradoiros en familia:

O Xardín circunflexo: Paisaxe orgánicas.

Deseñaremos e construiremos un xardín orgánico, conformado por criaturas paisaxe; híbridos vexetais, minerais e animais, que configurarán un Todo vivo e interrelacionado. Unha paisaxe orgánica máxica, na que os soños poderán cobrar vida. Cada familia deseñará a súa propia paisaxe orgánica en forma de diorama, ao que lle farán fotografías de recordo.

Destinatarios: nenas e nenos a partir dos 5 años de idade, acompañados por unha persoa adulta.

Datas e horario: Sábados 14 e 21 de febreiro ás 12.00 h

Lugar: Sala municipal de exposicións Kiosco Alfonso

Duración: 60 min.

Información e reservas: ludidactica@gmail.com