Que certificación se acada ao remate do módulo?
Unha vez superados o módulo de Taller de Madeira, o alumnado recibe unha certificación das Capacidades Terminais correspondentes a dito Taller.
Esta certificación ten validez académica só para o alumnado que tivera realizado a proba de acceso ao Taller de Madeira.
Canto dura o módulo de Taller de Madeira?
Trátase dun módulo que se imparte ao longo dun curso, cunha duración de 36 semanas.
tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.
Cantas prazas de novo ingreso se ofertan cada curso?
Cada curso ofértanse 15 prazas no módulo.
Cales son os obxectivos?
Este módulo está dirixido á realización de obras escultóricas en madeira, ornamentais e/ou decorativas, así como a coñecer as características orgánicas das distintas madeiras e á aplicación de texturas e acabados superficiais. Os seus obxectivos son, entre outros:
- Identificar as diferentes técnicas de realización en madeira, así como os materiais, ferramentas e útiles correspondentes aos distintos momentos do proceso.
- Coñecer e realizar con calidade técnica e estética os procesos de realización da obra escultórica e madeira.
- Organizar as distintas fases do proceso produtivo, identificando os problemas que xorden e solucionalos en función da necesaria calidade do produto.
Cales son os criterios de acceso e admisión?
Para acceder ao módulo de Taller de madeira será preciso estar en posesión do título de bacharel ou título declarado equivalente, e superar unha proba de acceso específica.
Estarán exentos de realizar a proba de acceso específica aqueles aspirantes que estén en posesión de:
- Calquera título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño da familia profesional artística de Escultura, ou título declarado equivalente.
- Título de bacharel, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
- Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
- Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
- Licenciatura en Belas Artes.
- Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.
Tamén, será posible acceder sen estar en posesión de nengún dos títulos mencionados anteriormente, superando unha proba de madureza, ademáis da proba específica.
No caso de que non se cubrisen as prazas ofertadas, é posible acceder ao Taller de madeira como Estudos Monográficos.
Onde podo atopar máis información?
Pódese consultar o Decreto 101/2017 que establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Técnicas Escultóricas, no que se atopa incluído este módulo.