O xoves 23 de abril, ás 10h no Salón de Actos, presentamos a Xornada Arte e Alzheimer.
Arte e Alzheimer é unha xornada que trata de abordar dita enfermidade dende o campo artístico. Contaremos coas presentacións de Isabel Gey, presidenta de AGADEA, e Elena Viqueira, directora Técnica de AFACO, Psicóloga e Terapeuta ocupacional, que porán en contexto a doenza dentro do ámbito asociativo galego. E máis en concreto, no referente á provincia de A Coruña. Ámbalas dúas, presentarán a labor que dende fai máis de 30 anos realizan ditas asociacións de persoas enfermas e familiares de Alzheimer, das cales son integrantes. Porán o foco naquelas actividades relacionadas co ámbito da creación e a expresión plástica, principalmente dende o que se coñecen como as terapias non farmacolóxicas e resaltarán a relevancia que a arte supón nos afectados por este mal, tanto en enfermos como en coidadores, tal e como o abala o informe da Organización Mundial da Saúde (OMS, 2019).
Posteriormente, Lorena López Méndez, investigadora da Universidade Complutense de Madrid, pioneira en España na investigación dende as artes na doenza dende unha perspectiva didáctica, presentará o seu traballo. E para finalizar, farao a docente da EASD Pablo Picasso, Beatriz Suárez Saá, que explicará tamén a súa labor investigadora, mostrando o seu traballo doutoral dende a perspectiva da creación e tamén dende a didáctica artística. Finalizando ésta a sesión, coa realización dun pequeno taller, EstampaBaila, realizado entre usuarios de AFACO e o alumnado da Escola. No que a música e o baile ó compás das melodías significativas, dirixirán as pegadas dos participantes, creando unha estampación de cores a modo de mural grupal.

