Alumna de EESS de Deseño Gráfico

O pasado curso decidín que facer un Erasmus podería ser unha forma moi positiva e enriquecedora para mín e os meus estudos. Ao final resultou unha boa experiencia, ás veces un tanto agridoce, pero boa.

Estiven nunha pequena cidade de Polonia, Przemyśl. A cidade é moi tranquila, cousa que non sempre é boa, pero non pasa nada porque o tren funciona moi ben e en nada podes visitar as cidades cercanas. Fóra diso, é unha cidade que se presta a paseala pra coñecela.

É tamén bastante vella, e nótase o paso do tempo e das guerras por ela, pero eso dótaa de lugares preciosos onde poder pasar o día e disfrutar da calor coa que nós contamos en outubro. Cando chega a neve, a vida fóra da residencia limítase un pouco, e as poucas horas de luz ao día non axudan; polo que ou desenvolves unha rutina de madrugar ou perderáste as maravillosas paisaxes nevadas. A natureza está moi presente nesta cidade xa que está bordeada por montañas e bosques. Cousa que tampoco quererás perderte.

Ao longo do teu Erasmus tamén coñecerás a moitas persoas importantes no teu día a día e coas que compartirás moitos bos momentos.

En resumo, ir de Erasmus a esta cidade será máis un Erasmus de viaxar e coñecer que doutra cousa, pero eso tamén é moi enriquecedor persoalmente.