Taller de modelos tridimensionais

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 2º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual (150 h)
  • Horas de clase semanais: 2 (72 totais)
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Investigación do volume e a concepción espacial.
Técnicas instrumentais da estrutura, a expresión e a representación bidimensional e tridimensional.
Relación recíproca entre a técnica e a materia.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Capacitar ao alumno para a comprensión da linguaxe tridimensional.
Dominar as técnicas básicas necesarias para a materialización de conceptos tridimensionais en especial daqueles que lle sexan útiles dentro do seu campo profesional.
Poñer en valor novas maneiras de creación de imaxes de carácter tridimensional de maneira non dixital a partir da manipulación da materia para posteriormente ser fotografíadas e procesadas de maneira dixital.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.6. Realizar autocrítica cara o propio desempeño profesional e interpersoal.

T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica constructiva no traballo en equipo.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

Competencias específicas da titulación

E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

Contidos

  • Técnicas e posibilidades do papel no deseño gráfico
  • Obxectos promocionais tridimensionais
  • Mobiliario publicitario destinado ao punto de venda
  • Espazos publicitarios

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.