O xoves, 16 de novembro ás 15:00 horas no salón de actos da EASD, Sonia Díaz (Nó Común) impartirá unha charla baixo o título “Redes Sociais: deseñando para a comunicación dixital”. Nela falaranos da xestión de redes socias para empresas e organismos e da súa relación cos deseñadores gráficos nesta faceta da comunicación dixital.
Licenciada en Xornalismo, Sonia adicou os primeiros anos da súa carreira profesional a matizar a súa formación con viaxes e estudos diversos. Cursou unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e é asesora ICEX en Internacionalización Empresarial.
Finalmente, en 2008, volveu a Galicia co obxectivo firme de traballar na promoción internacional da cultura galega. Tamén, desde a comunicación. Colaborou coa Xunta de Galicia e coa AGE na organización e na difusión da presenza galega nas feiras internacionais do libro, foi asesora de comunicación de Ouvirmos, de Nordesía Producións, da Editorial Galaxia e da produtora teatral Eme2. Deseñou e executou as estratexias de comunicación de varios festivais, mercados e feiras de distintas disciplinas. Aínda que centrada na asesoría estratéxica, tamén colabora esporadicamente como guionista audiovisual e como responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos.
Na actualidade, coordina a comunicación de diversos proxectos culturais, como a Academia Galega do Audiovisual, o Carballo Interplay, o Festival SonRías Baixas ou o Festival Agrocuir da Ulloa e traballa como técnica de proxectos para a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).
Festivais de música:
SonRías Baixas
Noroeste 2017
Reperkusión
Agrocuir da Ulloa
Cantos na maré
A festa dos mundos 2010
Audiovisual:
Carballo Interplay
Festival de Cans
Premios Mestre Mateo | Academia Galega do Audiovisual
Escolma de Cinema Galego de Sarria
Editorial:
Editorial Galaxia
Mar Maior
Escénicas:
Eme2
Culturactiva
Inversa Teatro
Multidisciplinar:
Culturgal
Festival dos Abrazos
Macc 2010
Formadora:
Titora e docente en comunicación cultural do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural USC
Titora e docente e comunicación cultural para a Coordinadora Galega de ONGD
Coordinadora dos proxectos EpDLAB e EpD para cambio social coa Fundación Secretariado Xitano, con AGARESO
Docente de Comunicación para o Cambio Social dentro dos proxectos Barrios Abertos e Dereitos da Infancia, con ACPP.
Proxectos propios: Balada triste de moqueta, Rural Actual, The Beatles Re-Volver
Contidos: Aventura na eira, Paraíso, LP, Lírica Punk, Luzes, Cultura e cidadanía