Alumnos de 3º curso de Deseño Gráfico ou Deseño de Interiores

Bases da convocatoria

A presente convocatoria establece o prazo e procedemento para a presentación de solicitudes de participación nas actividades de mobilidade de estudantes para estudos no marco do Programa Erasmus+ para o curso 2020-2021. Este programa desenvólvese grazas á aprobación por parte da Comisión Europea das Mobilidades de estudantes e persoal entre países do programa e asociados polo Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) .

Requisitos dos solicitantes

Serán candidatos a participar no Programa Erasmus+ os alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso que cumpran os seguintes requisitos:

Non ter esgotado o máximo de doce meses en convocatorias Erasmus anteriores (na EASD Pablo Picasso ou noutro centro educativo) en mobilidades de estudos e/ou prácticas.

Estar matriculado no centro, no momento de cursar a solicitude, en 3º das Ensinanzas superiores de Deseño de Interiores ou de Deseño Gráfico.

Descarga toda a información en PDF