Do 23 de febreiro ao 19 de maio, os martes, mércores e xoves de 17 a 20 horas.
A EASD Pablo Picasso da Coruña organiza un curso de Gravado Artístico impartido polo profesor Javier López Vila. Esta actividade, cunha duración total de 100 horas, comezará o 23 de febreiro e rematará o 19 de maio; as clases serán os martes, mércores e xoves, en horario de 17 a 20 horas.
O número de asistentes será de 12 persoas. O curso ofrécese a calquera persoa que non estea matriculada na escola, que non sexa persoal na EASD Pablo Picasso e que teña máis de 18 anos de idade.
O curso é gratuíto, o centro aportará o material básico e imprescindible, agás o papel de estampación final e as ferramentas persoais.
Para poder asistir a esta actividade, é precisa a inscrición para a realización dunha proba de selección que consistirá na execución de un exercicio de debuxo artístico. Esta proba determinará as 12 persoas que, logo da matrícula pertinente, asistirán ao curso.
Unha vez rematado o curso, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento.