Debuxo artístico

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P.)
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 10
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 5
  • Horas de traballo non presencial: 60
  • Horas de titoría: 10

Descritores

Debuxo de observación, expresión e representación.
Técnicas instrumentais da estrutura, a expresión e a representación bidimensional e tridimensional.
Coñecemento e análise das distintas técnicas de representación.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.
A cor.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Esta disciplina constitúe unha importante ferramenta para todas as especialidades de deseño, formando ao alumnado no correcto emprego dos recursos grafico-plásticos de composición, encaixe, proporción, clarescuro e cor nas creacións formais, potenciando a súa sensibilidade, diferenciando criterios estéticos e gusto persoal, desenvolvendo a creatividade a través da adquisición de cultura visual, así como adquirindo un vocabulario técnico, obxectivo e preciso achegado ao feito estético.
Tamén inicia ao alumnado tanto na representación e expresión gráfica de ideas mediante bosquexos, como na representación do espazo e o volume sobre o plano con obxectividade usando diferentes técnicas gráficas.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

4.3. Competencias específicas da titulación

E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

Contidos

  • O modelo académico: a mímese.
  • O apunte do natural: encadre, encaixe, proporción.
  • A representación e análise da figura humana.
  • A representación do espazo tridimensional.
  • Propiedades visuais da forma.
  • A composición.
  • A cor.
  • Debuxo: liña, mancha, textura.
  • O movemento.
  • Técnicas gráficas.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.