Alumno de 3º de EESS Deseño Gráfico

A miña experiencia en Lisboa foi moi positiva, xente moi aberta (tanto os estudantes coma os residentes), moito ambiente nas rúas, e moita música, sobre todo durante os santos populares que dura todo xunio e traxicamente coinciden coas entregas finais. Tamén existen talleres de técnicas de impresión tradicional repartidos pola cidade nos que podes alugar espazos para traballar, é unha cidade na que se te moves un pouco atopas moitas cousas que facer.

En canto a IADE, gustoume ter a posibilidade de escoller os meus horarios de maneira moi flexible. Escollín todas as clases en portugués e non tiven ningún tipo de problema. O profesorado  é bastante comprensivo e con ganas de axudar, tamen tiñan un departamento de impresión aberto aos estudantes que quixeran levar a cabo algún proxecto, ou
imprimir calquera tipo de cousa, dende cartaces e libros a camisetas e bolsas, esta foi unha das cousas que máis me chamou a atencion, tanto polo trato moi amigable do persoal como pola posibilidade de ter un espazo ao que ir no meu tempo libre e aprender distintas técnicas sen ter que pagar un duro.

A vida en lisboa non é cara, sobretodo se che gustan os espazos máis “locais”, pero co turismo e os erasmus está subindo a demanda de cuartos, polo que a búsqueda dun a un prezo razoable pode menguar bastante os ánimos. No meu caso eu estiven as duas primeiras semanas do erasmus en diferentes hostais pero atopei un bastante ben ubicado relativamente rápido, se queres traballar alí o papeleo para poder facelo é bastante pesado, pero se tes paciencia (moita) pódese facer ben.

Repito experiencia!