Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Formativos de Grao Superior e Oferta Modular
A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais. Para o vindeiro curso 2019/20 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:
-
-
- Familia artística cerámica artística:
- Oferta modular Taller cerámico I e II: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
- Familia artística comunicación gráfica e audiovisual:
- CS Fotografía: 15 prazas con proba de acceso/ 15 prazas de acceso directo (30 prazas)
- CS Ilustración. 15 prazas con proba de acceso/ 15 prazas de acceso directo (30 prazas)
- Familia artística de escultura:
- CS Dourado, prateado e policromía: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
- CS Escultura aplicada ao espectáculo: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
- Oferta modular Taller de madeira: 8 prazas con proba de acceso / 7 prazas de acceso directo (15 prazas)
- Familia artística cerámica artística:
-
As datas máis destacadas son:
-
- Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
- Ata o 25 de xuño de 2019.
- Datas e horario das probas de acceso:
- Proba de madureza: 3 de xullo de 2019 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00.
- Proba específica: 15 de xullo de 2019 na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela) de 10:00 a 11:00, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
- Data matrícula novo ingreso:
- Ciclos Superiores: do 19 ao 30 de xullo de 2019.
- Data extraordinaria matrícula novo ingreso (para alumnado que cumpra os requisitos en setembro):
- Ciclos Superiores: do 17 ao 18 de setembro de 2019.
- Perídodo de inscrición para as probas e para os accesos directos:
Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguiste enlace: Resolución do 6 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2019/20.
Para aquelas persoas interesadas en cursar un ciclo superior no próximo curso 2019/20 podedes consultar o apartado de Preguntas Frecuentes EEAAPP, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias anteriores. Tamén podedes consultar os plans de estudos dos Ciclos de Grao Superior de Fotografía, Ilustración, Escultura e Dourado e das Ofertas modulares de Taller Cerámica I e II e Taller de Madeira.
Neste mesmo espazo publicaranse todas as listaxes relacionadas co desenvolvemento das probas de acceso (inscritos provisionais, definitivos, cualificacións, etc).
Probas extraordinarias acceso ás EEAAPP (ciclos superiores):
- CS Fotografía. Acceso directo 3 plazas. Prueba específica 6 plazas.
- CS Escultura aplicada al espectáculo. Acceso directo 2 plazas. Prueba específica 5 plazas.
- CS Dorado, plateado y policromía. Acceso directo 5 plazas. Prueba específica 4 plazas.
Prazo de inscrición: do 2 ao 6 de setembro nas secretarías das EASD. Para ampliar información, consultar ás instruccións de acceso no epígrafe de Enlaces de interese.
Enlaces de interese:
-
- Consultar: Listaxe de alumnos inscritos ás probas extraordinarias para acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais curso 2019-20, setembro 2019 [formato pdf 46kB]
- Consultar: Listaxe de cualificacións das probas de acceso extraordinario aos ciclos de grao superior para o curso 2019-20 [formato pdf 770kB]
- Consultar: Listaxe de asignación de prazas para cursar as Ensinanzas Artísticas Profesionais para o curso 2019-20, convocatoria extraordinaria. [formato pdf 136kB]
- Descargar: Resolución do 6 de maio [formato pdf 580kB]
- Descargar: Modelo de solicitude inscrición nas probas de acceso [Formato pdf 3.500kB]
- Consultar: Listaxe provisional de inscrición ao acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais curso 2019-20
- Consultar: Listaxe definitiva de inscrición ao acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais curso 2019-20
- Consultar: Listaxe de cualificacións provisionais da proba específica para acceso aos ciclos de grao superior 2019-20 (Fotografía, Gráfica publicitaria, Ilustración, e Proxectos e dirección de obras de decoración)
- Consultar: Listaxe de cualificacións provisionais da proba específica para o acceso aos ciclos de grao superior 2019-20 (Cerámica artística, Gravado, Técnicas escultóricas, Escultura aplicada ó espectáculo, Dourado, prateado e policromía, Ebanistería artística, Estilismo da indumentaria e Xoiaría artística)
- Consultar: Listaxe de cualificacións definitivas das probas específicas de acceso ás ensinanzas profesionais (ciclos superiores) (todas as especialidades)
- Consultar: Listaxe de adjudicación por especialidades para a EASD Pablo Picasso
- Consultar: Segunda Admisión de persoas admitidas para cursar as ensinanzas profesionais (ciclos)(Correxido)
- Consultar: Instrucións para o acceso extraordinario ás EEAAPP (Ciclos Superiores)