A EASD Pablo Picasso organiza as VI Xornadas de Arte e Deseño Bisiona, nas que reunen a profesionais de diversos ámbitos da arte, da artesanía e do deseño. Deste xeito, confirmase, un curso máis, o compromiso deste centro educativo coa formación en campos como o deseño gráfico e de interiores, a fotografía e a ilustración, o dourado, a escultura e a cerámica. O obxectivo final é achegar a experiencia dos e das profesionais de cada un dos sectores ao alumnado e ao público xeral.
As Xornadas darán comezo o mércores 14 de decembro ás 10h, coa intervención da ilustradora Giovanna Lopalco titulada “As mil vidas dunha ilustradora”. E a continuación, ás 12h, Sandra Villar, falará sobre “O tecido dun oficio” en referencia ao proceso de creación do seu taller de cerámica. Pola tarde, ás 16h conectarase vía online con Mario Castro, caracterizador, prop master e especialista en efectos especiais. E ás 18h, Taller&Co amosará os resultados de fusionar a restauración, o interiorismo e o escaparatismo.
A mañá do xoves comeza, coa intervención ás 10h da fotógrafa Vanessa Casteleiro na que falará das narrativas desde a mirada da muller e á súa aposta por temas con mulleres protagonistas; e ás 12h, interven Equipo EME, para falar da súa experiencia no Deseño de Interiores. Ás 16h, o Colexio Oficial de Deseñadores de Interiores/Decoradores de Galicia fará entrega do I Premio ao TFE de Deseño de interiores. E continúa a xornada adicada ao deseño de interiores coa participación de FASEDOS ás 16:30h. Remata a xornada de tarde o fotógrafo Juan Rodríguez nunha charla titulada “Algunha forma de fotografar arquitectura” ás 18h.
A mañá do venres está adicada ao Deseño Gráfico, coa presenza ás 10h de Brutto Studio, na que falarán sobre como non tratar aos clientes e a importancia da versatilidade nun estudo de deseño. Ás 11:30h, Desoños abordará o deseño de marca e como cunha visión estratéxica pódese crear un proxecto sólido, onde todo encaixa e funciona. E para rematar, ás 13h, Saúl Pedrosa trazará unha ponte entre o deseño gráfico e o mundo da preimpresión, como xa fixera na súa publicación “Mucho diseñito, pero de artefinal poquito”. Pola tarde, o programa verase completado cun taller sobre artefinal só para alumnado da Escola.
Todas as charlas terán lugar no Salón de Actos da Escola e son abertas ao público, ata completar aforo. En todo caso, o alumnado terá prioridade de acceso.
Tamén están publicadas na canle de youtube da Escola na seguinte lista de reproducción: bisiona · VI Xornadas de Arte e Deseño.
Na organización deste evento colabora:
- O alumnado da disciplina de Imaxe global-Branding de 4º curso de Deseño Gráfico, co deseño da gráfica e a xestión da producción de todo o material, baixo supervisión de Gloria R. Simón. A imaxe das xornadas foi creada pola alumna Lucía Vázquez. Alumnado: Andrea Cagiao, Dimelza Díaz, Sabela Freire, Paula García, Saray Gómez, Lucía Guntín, Carmen Leira, Nerea Otero, Pablo Otero, Marcos Puente e Iria Teijeiro.
- O alumnado do módulo de Audiovisuais de 2º do CS de Fotografia, coa gravación e edición dos vídeos das charlas, baixo supervisión de Marcos Méndez: Sabela Carro, Héctor Castro, Paula Fabeiro, Elena Fariña, María Fernández, Natalia Estefanía Grande, Elisa Lima, Valentina Manteiga, Gemma Martínez, Laura Morado, María Morlán, Malena Paz, Pedro Pérez, Nuria Ramos, Aroa Rivas, David Sánchez, Nuria Santalla, Nicolás Somoza, Mara Vecoña e Jessica Vilor.
- O alumnado do módulo Proxectos de Fotografía de 1º curso do CS de fotografía, coa cobertura fotográfica do evento, baixo a supervisión de Virginia Barros: Ethan Álvarez, Zaida Alves, Eliana Balza, Jessica Brea, Lucas Cabrejo, Xulio Capelán, Pablo Castro, Jon Hernando, Manuel Herrero, María Pilar López de la Osa, Miguel Martínez, Laura Montero, María Jesús Muñoz, Claudio Pato, Edan Pazos, Alexys Peón, Adrián Ramos, Diego Simón, Marina Vázquez, Sara Villar e Mara Vecoña.
- Alumnado voluntario de Dourado, Escultura e Deseño Gráfico na loxística da organización: Alba Ansede, David Béjar, Lourdes Berridi, Julio Bracho, Juan Esmorís, Facundo Garavaglia, Edgardo Rosales (Eros), Sandra Rozadas, Sheila Seijas e Lía Vázquez.