Deseño Básico

  • Identificación

    Datos da disciplina

    • Tipo: Teórico-práctica
    • Curso: 1º
    • Créditos ECTS: 8
    • Duración: Anual
    • Horas de clase semanais: 3
    • Horas de traballo non presencial: 86
    • Horas de titoría: 8

  • Descrición

    2.1. Descritores

    • Fundamentos do deseño: técnicas de creatividade
    • Metodoloxía do deseño. Fundamentación práctica dos procedementos, técnicas, linguaxes e metodoloxías de realización do proxecto. Ideación e realización
    • Aplicación práctica dos criterios de análise, síntese e metodoloxía. Criterios de decisión
    • Modelos, maquetas e prototipos
    • Resolución de proxectos

    2.2. Relación con outras disciplinas de contidos progresivos.

    • Non se contempla

    2.3. Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

    • Adquirir e adoptar os coñecementos metodolóxicos básicos do proceso de deseño.
    • Coñecer e aplicar as técnicas básicas de creatividade
    • Materializar as ideas de proxecto con solucións alternativas
    • Interpretar, executar e defender os proxectos
    • Aplicar a metodoloxía proxectual á materilización de ideas mediante a realización de exercicios elementais de deseño bi e tridimensional

    2.4. Metodoloxía

    Actividades introductorias

    Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

    Exposición maxistral
    Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

    Prácticas presenciais
    Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

    Prácticas non presenciais
    Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

    Exposición e debate
    Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

    Titorías docentes
    A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

    Actividades de avaliación

    • Formativa.
      • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
      • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
    • Sumativa.
      • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
      • Establecer balances dos resultados.

    Actividades complementarias

    Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

  • Obxectivos

    • Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

  • Competencias

    4.1. Competencias transversais

    T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

    T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

    T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

    T.6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal

    T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo

    T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos

    T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas esolucións viables.

    4.2. Competencias xerais

    X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

    X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

    X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

    X.11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

    4.3. Competencias específicas da titulación

    EI1   Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores

    EI4   Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos

    EI5   Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.

  • Organización

    5.1. Contidos

    • Fundamentos do deseño: técnicas de creatividade
    • Metodoloxía do deseño. Fundamentación práctica dos procedementos, técnicas, linguaxes e metodoloxías de realización do proxecto. Ideación e realización
    • Aplicación práctica dos criterios de análise, síntese e metodoloxía. Criterios de decisión
    • Modelos, maquetas e prototipos
    • Resolución de proxectos

    5.2. Organización

    Distribución horaria

    deseno-basico-interiores

    ● Horas presenciais

    ● Horas non presenciais

    ● Titorías

  • Avaliación

    • A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
    • A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.