Lucía Vazquez Fraga

Deseño Gráfico

VI Bisiona – Xornadas de Arte e Deseño

A simbiose entre as artes e a física é innegable. Bisiona xorde como título evocador para as V Xornadas de Arte e Deseño, nome dado pola antiga alumna Sara García Díaz. Isto representa a curiosidade a través da dualidade que existe nun obxecto.

No deseño do material gráfico das VI Xornadas de Arte e Deseño plasmouse o proceso creativo seguido tanto por artistas como por deseñadores empregando algúns conceptos básicos da física como a Lei da Reflexión, que trata sobre como se reflicte a luz nas superficies. Neste concepto existe unha dualidade, xa que os elementos fundamentais -o ollo, a luz, o espello e a reflexión- cando se transfiren ao campo das artes –o ollo, a mente, a idea, o deseño– son puntos clave para xerar e expresar ideas ou emocións dun xeito diferente.

Deseño Gráfico e Dirección de Arte: Lucía Vázquez Fraga
Colaboran na adaptación do deseño e produción de arte finais (impresión, dixital, escenografía e merchandising) así como en comunicación para RR.SS: Andrea Cagiao, Dimelza Díaz, Sabela Freire, Paula García, Saray Gómez, Lucía Guntín, Carmen Leira, Raúl Mella, Nerea Otero, Pablo Otero, Iria Teijeiro, Marcos Puente e Lucía Vázquez.

Máis Bisiona. VI Xornadas de Arte e Deseño: https://eapicasso.com/vi-xornadas-arte-deseno-bisiona/